CORO GAOS

Biografía

O Coro Gaos nace en outubro de 2010 como continuación do proxecto da Orquestra Gaos. Está constituído por unhas 50 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade galega. A súa actividade repártese entre o repertorio a cappella e a música sinfónico-coral, cun especial énfase na ópera, participando anualmente nas producións da tempada coruñesa.

Desde a súa creación organiza ciclos de concertos, e realiza xiras polo territorio nacional e internacional destacando, entre outras a súa participación no 49º Festival Internacional de Canto Coral de Barcelona, e os concertos realizados no Festival de Música Relixiosa de Guimarães.

Obtén o primeiro premio no XIII Concurso Nacional de Corais Antonio José celebrado en Burgos (2014), o segundo premio no XXXII Certame Coral Internacional Vila de Avilés (2015), el segundo premio no XLV Certame Coral de Ejea de los Caballeros (2016), o premio do público no 63º Certame Internacional de Polifonía e Habaneras (Torrevieja), o segundo premio no Gran Premio Nacional de Canto Coral celebrado en Villanueva de la Serena (2017) e o primeiro premio e premio á mellor interpretación da obra obrigada no VI Certame Coral Vila de Arbo (2018).

Ademais, participa no Gran Premio Nacional de Canto Coral celebrado en Burgos (2018) onde recibe fantásticas valoracións. En novembro de 2019 participa no 51º Certame Coral de Tolosa competindo con coros de todo o mundo e realizando concertos en diferentes localidades do País Vasco.

En setembro de 2015 pon en marcha un novo proxecto: os MiniGaos, dous coros infantís cos que inculcar desde a base a paixón pola música e o canto coral, e que conta xa con 60 nenas e nenos. En setembro de 2018 completa a familia coral co Coro Gaos Xove. Fernando Briones é o director-fundador do Coro Gaos