MINIGAOS
Biografía
En setembro de 2015, o Coro Gaos pon en marcha un novo proxecto: o MiniGaos. Dous coros infantís cos que inculcar desde cativos a paixón pola música e o canto coral.
Divididos en dous grupos: de 5 a 7 anos e de 8 a 14 anos, realizan a súa presentación no VIII Encontro de Música Coral de Nadal (Igrexa dos Xesuítas) e no VI Concerto de Nadal a favor do IBS Padre Rubinos en decembro de 2015 xunto á Orquestra e o Coro Gaos (Pazo da Ópera). Ademais, no seu primeiro ano participa no I Encontro da Música Coral de Matogrande realizando o seu concerto de fin de curso no Museo de Belas Artes da Coruña.
En 2016, participa na Ópera Falstaff dentro da programación lírica de Amigos da Ópera da Coruña, baixo a batuta do Mo Alberto Zedda e con artistas da talla de Bryn Terfel ou Ainhoa Arteta. En decembro de 2018 organizan un taller coral co compositor e director Josu Elberdin traballando intensamente parte da súa obra.
Actualmente contan con 30 rapazas e rapaces e está dirixido por Carlos Pereira, Fernando Briones, Xiana Insua e Sara Gil.