Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Música da Coruña con Rodolfo García Alonso, onde obtén o Título Superior de Guitarra. Estuda Dirección de Orquestra na ESMUC cos Mestres Lutz Köhler e Salvador Brotons obtendo as máximas cualificacións.

Completa os seus estudos de dirección coral con Maite Oca, Juan Luis Martínez, Josep Ramón Gil- Tárrega, Lluís Vila Casañas, Elisenda Carrasco, Javi Busto, Laslo Heltay ou Martin Schmidt, e de dirección de orquestra con Salvador Mas e Jörg Bierhance no Konservatorium Wien University, Donato Renzetti e Dario Lucantoni na Accademia Musicale Pescarese, Miguel A. Gómez Martínez co que, ademais, tra- balla como asistente e, sobre todo, co Mestre Alberto Zedda, a quen asiste nas súas últimas producións.

É director titular da Orquesta e Coro Gaos desde a súa creación en abril de 2009 coa que desenvolve unha intensa actividade concertística, acompañando a un gran número de solistas entre os cales desta- can Cristina Gallardo-Dômas, Ainhoa Arteta, Borja Quiza, Celso Albelo, Mariola Cantarero, Juan Jesús Rodríguez ou Francisco Corujo.

Asimesmo, obtén o Primeiro Premio no XIII Concurso Nacional de Corais “Antonio José” celebrado en Burgos, o Segundo premio no XXXII Certame Internacional “Villa de Avilés” e no XLV Certame Coral de Ejea de los Caballeros, Premio do Público do 63º Certame de Ha- baneras e Polifonía de Torrevieja e Segundo premio no Gran Premio Nacional de Canto Coral 2017, Primeiro Premio do VI Certame Coral de Arbo e Premio á mellor interpretación da obra obrigada (2018).

En 2011 grava para o selo discográfico Verso o CD “ Lela” ( VRS2103) con cancións galegas orquestradas polo compositor Juan Durán e 2021 o CD “Cubalicia” co quinteto Cimarrón.

Dirixe a Taipei Philharmonic Orchestra e a Taipei Chinese Orchestra, no marco do 2015 TCO International Conducting Competition celebrado en Taipei ( Taiwan). En maio de 2017 dirixe á Kósovo Philharmonic Orchestra no marco do Festival Remusica 2017 (Prishtina).

É convidado durante as tempada 2018 e 2019 a dirgir a Kósovo Philharmonic Orchestra and Choir. Foi convidado a dirixir á Orquestra Sinfónica do Cairo en 2019.

En 2020 dirixe a nova produción da verbena da Pomba da Tempada Lírica da Coruña na que se inclúen dúas galas líricas con artistas da talla de Sondra Rodvanosky, Carlos Álvarez, Simón Orfila, Alejandro Roy, Borja Quiza, Carol García ou Vanessa Goikoetxea entre outros. En novembro dese mesmo ano dirixe I Pagliacci e Cavalleria rusticana no Festival de Ópera de Forteventura.

Actualmente compaxina a súa actividade concertística coa docencia na cátedra de dirección do CSM A Coruña así como a de pianista do barítono Borja Quiza.