A maxia do talento

As voces da beleza e do sentimento

HOME2024-02-06T12:19:24+01:00

O Coro Gaos nace en outubro de 2010 como continuación do proxecto da Orquestra Gaos.

Está constituído por unhas 50 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade galega. A súa actividade repártese entre o repertorio a cappella e a música sinfónico-coral, cunha especial énfase na ópera, participando anualmente nas producións da tempada coruñesa.

Desde a súa creación organiza ciclos de concertos, e realiza xiras polo territorio nacional e internacional destacando, entre outras, a súa participación no 49º Festival Internacional de Canto Coral de Barcelona, e os concertos realizados no Festival de Música Relixiosa de Guimarães.

Director

FERNANDO
BRIONES

DESCARGAR BIO

FORMACIÓN

Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio
Superior de Música de A Coruña, onde obtén o Título
Superior de Guitarra.
Estudia Dirección de Orquesta na ESMUC cos
Maestros Lutz Köhler e Salvador Brotons. Completa os seus
estudos de dirección coral con Maite Oca, Juan Luis
Martínez, Josep Ramón Gil-Tárrega, Lluís Vila Casañas,
Elisenda Carrasco, Javi Busto, Laslo Heltay ou Martin
Schmidt, e de dirección de orquestra con Salvador Mas e
Jörg Bierhance no Konservatorium Wien University.

Velaquí unha pequena mostra do noso traballo. Para ver máis concertos visítanos na nosa canle de Youtube.

Go to Top