Axúdanos a manter vivo este proxecto!

O Coro Gaos leva 13 anos formando parte do tecido cultural coruñés con ilusión e frescura. Pero, como xa sabedes, a cultura cada vez recibe menos apoio e é aquí onde necesitamos a vosa contribución.
Ademais de vir vernos aos distintos proxectos que podamos realizar, que vos fagades socios axudaríanos moito.

Por 40€ ao ano, colaboraredes connosco para poder seguir crecendo e desenvolvendo actividades novas e orixinais. Aquí deixámosvos un formulario para que poidades inscribirvos. Ademais, estaredes informados de todas os nosos concertos para non perdervos nada!

Debes cubrir o formulario no pdf, ou ben imprimir, cubrir, escanear e envialo por correo electrónico a: secretaria@corogaos.com

Preme aquí