Se tedes ganas de cantar, uns mínimos coñecementos musicais e apetécevos formar parte desta familia marabillosa, non o dubidedes e vide cantar connosco!

Como sabedes, hai tres agrupacións, o coro adulto, os xoves e os minis, así que vos deixamos toda a información para que vos apuntedes. Se tedes calquera dúbida podedes escribirnos por redes ou ao mail info@corogaos.com

A proba consiste en cantar unha canción, aria, ou lied, con ou sen acompañamento instrumental. No caso de ser necesario nós poñeriámolo ao dispor do candidato. No caso dos nenos, só escóitaselles, xa que non se descarta a ningún.

Canta connosco – Inscrición

Esperámosvos!

 

 

Coro Gaos

Probas: 28 de setembro – 12:15h – O Laboratorio (C/José Pascual López Cortón 10, Local 3.07. Espacio Coruña)

Ensaios: Venres de 20:45h a 23h / Martes ou mércores de 21 a 22h cada 15 días (ensayo seccional ou apoio)

 

 

 

 

Coro Xove

Probas: 28 de setembro – 11:45h – O Laboratorio

Ensaios: Venres de 19:30 a 20:45h

 

 

 

 

Minigaos

Audición: 28 de setembro – 11h – O Laboratorio

Ensaios: 5 a 7 anos – Sábados de 12:15 a 13:15h

8 a 14 anos – Sábados de 12:15 a 13:45h